IV ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS



Venres 16 de xaneiro terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) a primeira reunión preparatoria do IV Encontro escolar que neste ano está previsto –en principio- para o 30 de maio. Ás 18 h. están convocados a esta xuntanza todos os centros de ensino que estén traballando ou teñan interese en facelo distintas prácticas do patrimonio lúdico galego.
Nesta reunión hase acordar o escenario e as condicións nas que se vai desenvolver a actividade, ademáis de lembrar os obxectivos que guiaron as tres convocatorias anteriores, que foron o de contribuír á difusión do patrimonio lúdico galego e o de procurar a inclusión do xogo tradicional no currículo escolar.

0 comentarios: