Xogo tradicional. Actividade de Formación.

Achegamos información a propósito do "III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación", que se celebrará en Melide os días 21 e 22 de outubro próximo, e que ten aberto o seu prazo de matrícula.
A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores...).
Os asistentes teñen a posibilidade de presentar comunicacións sobre experiencias educativas relacionadas co xogo tradicional.

Acceso á información sobre o curso clicando aquí: PROGRAMA


0 comentarios: