auladecuartocolecapela

As camisetas solidarias son unha proposta ideada e deseñada por Joseba González Porras, un mestre dunha ikastola (Alkartu) de Barakaldo. Con motivo da celebración do Día do peón 2011 pensou en confeccionar unhas camisetas e desviar parte do importe cobrado polas mesmas cara a unha ONG (Aldeas infantiles).

As camisetas véndense a 5 euros, dos cales 1,10 euros por camiseta serán os que se destinen a "Aldeas infantiles". Ao longo do ano natural que irá ata a celebración do Día do peón 2012 irase xuntando esa parte de cada camiseta e o 11 de Novembro de 2012 entregarase ao Director desa ONG a cantidade recaudada.

Dende a nosa escola tamén quixemos participar neste proxecto solidario e mercamos 162 camisetas, o que non está nada mal, tendo en conta que o número de nenas e de nenos é de 96.
Queredes ver que ben nos quedan as camisetas?

GRAZAS, ESKERRIK ASKO. Escribo desde la emoción que siento viendo como la Comunidad educativa del colegio Público
Ceip Mosteiro de Caaveiro de A Capela.
ha respondido a la llamada a la colaboración para hacer posible el sueño de vender el mayor número de camisetas solidarias posibles. Los/as 96 niños y niñas que asisten a este colegio han conseguido vender en su comunidad educativa nada más y nada menos que 162 CAMISETAS, todo un record solidario que espero vaya a más.
Queremos daros las gracias de parte de la Comunidad educativa de la Ikastola Alkartu y reconocer de esta manera el enorme esfuerzo que habéis realizado. ESKERRIK ASKO, GRAZAS.